Saturday 18 de May de 2024

Mesas informativas, un Festival Urbano e unha Declaración Institucional para celebrar o Día contra a Violencia de Xénero


O Concello de Riveira está a conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero e con tal motivo se está a desenvolver un Festival de Cultura Urbana na praza consistorial que está a gozar da aceptación de numerosos mozos.

Obradoiros de DJ, grafitti, parkour, rap, trucker ou beatbox están a servir para lanzar de paso unha mensaxe reivindicativa en contra da violencia machista.

Este mesmo espazo serviu de espazo para a lectura dunha declaración institucional segundo o decidido no pleno da noite pasada que se encargou de ler o alcalde e contou coa presencia de edís dos distintos grupos da Corporación.

Ademais, tanto a praza do Concello como a rúa Galicia dan cabida a dúas mesas informativas para sensibilizar aos veciños de todas as idades sobre a importancia de erradicar unha problemática que, en palabras do manifesto lido polo Alcalde, “debe converterse nun asunto de Estado”.